martes, 9 de abril de 2013

Cronica

O primeiro, grazas a Paso Miúdo por facernos partícipes destes fermosos encontros coa natureza.

O frío e a auga fixéronos percorrer a bo ritmo o Castro de Viladonga, para despois facer unha visita express ó museo.

Comezamos a camiñar e enseguida desapareceu o frío, non así a auga, que nos acompañou mentres camiñabamos e disfrutábamos da paisaxe que ofrece o río Azúmara.

A medio camiño fixemos a parada de rigor para "repostar", nunha casa rural. Como estaban de reformas, tivemos que tirar de "taperware", e no nos quedou outra que cubrir unha folla de reclamacións (en tono moi educado, iso si), xa que notamos falta de seguridade nas instalación (lei 39/95).

De seguido voltamos a camiñar e sen darnos conta chegou a hora de xantar.

Do que si nos demos conta, foi de que os do restaurante deben ser parentes de Fernando Alonso, polo menos. E así chegamos a Ferreira coa dixestión sen facer...

Como diría certa aboa televisiva, a frase que pode definir esta ruta pode ser, BAI PRISA, BAI PRISA...

Vémonos na próxima, unha aperta!!!!!!

M. PAZ